domingo, 2 de outubro de 2022

UNHA REFLEXIÓN POLO GALEGO

 Ola! Como estás?
Hoxe trago un texto sobre un acontecemento en Galicia.
O perfil de Twitter A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) publicou un vídeo, o 31 de maio de 2022, co seguinte comentario:

"VERGOÑA
O presidente da Xunta, responsable da promoción da nosa lingua en todos os ámbitos, e especialmente na infancia, fala unha meniña en castelán."

Eu vira este vídeo, se a memoria non me falha, na página de facebook da Xunta de Galicia. Non obstante, já non puiden atopar o vídeo alí.
Pronto! O que trago á reflexión é a situación da lingua galega vista por un brasileiro e apaixonado pola cultura de Galiza e que pronto estará nas terras do antigo reino suevo.

A Galiza (e as demais rexións que tenhen linguas regionais) foi prohibida pola ditadura franquista o uso da súa lingua. Así, o galego estivo prohibido ata 1973.  
Esta prohibición, iniciada en 1936, freou o movemento de rexurdimento da lingua galega. Co efecto, a opresión do castelán, legitimada polo goberno franquista, reprimiu aínda máis o galego.

Hai estudos que amosan un descenso dos galegofalantes, já que a información dos que disponhen os galegos está en inglés ou castelán. Peor aínda que o maior uso nestas linguas é a invasión do castelán á lingua galega.
O ensino intergeracional diminuíu, já que o castelán, que era lingua de opresión, é hoxe unha lingua de prestigio.

Por suposto, considerar o castelán como lingua de prestigio é froito dunha manipulación ideológica. É lingua oficial non só no Estado español, senón en varios países e noutros continentes. É a segunda lingua do planeta tendo en conta o número de países e regións nas que se fala.
Todo isto aínda non justifica o desprestigio do galego. Unha lingua non debe medirse pola súa utilidade, já que unha lingua é a máxima manifestación cultural dun pobo. Ao perder a lingua tamén se perde a cultura desta gente.

A RAG (Real Academia Galega), junto cos intelectuais, instituíu a normalización da lingua, despois de que o galego fose elevado a lingua cooficial na comarca de Galicia, en 1983.
Aínda que esta norma non agrada a todos, funciona como norma que ajuda no proceso de oficialización da lingua galega.

Hai o movemento reitegracionista para cambiar a grafía que establece a RAG. Dende esta perspectiva, galego e portugués son a mesma lingua, que se expresan de diferentes jeitos, como o portugués do Brasil ou o de Mozambique, por exemplo. Sería un jeito de potenciar a lingua galega, já que se comunicaría con máis de 250 millóns de persoas, ademais de recuperar expresións típicas galegas, que se trocaban por formas castelanizadas.
Desta volta, o galego vive unha situación de inestabilidade en relación ás súas políticas lingüísticas, non só polas discusións sobre o reitegracionismo, o ilhacionismo ou o binormativismo; pero tamén polas políticas educativas que reduciron o ensino en galego ao 30%, polo uso dos medios de comunicación en castelán e pola manipulación ideológica do desprestigio da lingua galega.

Accións como a do presidente Alfonso Rueda ilustran esta preferencia polo castelán en terras galegas, reforçando a visión ideológica de que o galego sería unha lingua minorizada.
Aínda que o galego aínda non chegou a un acordo para a súa expresión reintegrada, segue a ser a identidade do pobo galego e non pode desaparecer nin ser invadido polo castelán para diluirse na lingua opresora.

Todo acto contra o galego hai que loitar contra! O galego é unha força cultural e unha nación! O galego é rico e loitamos polo galego!
Graças pola visita e polos comentarios.

"A LOUCURA É A ÚNICA FORMA QUE PODEMOS SAAR DESTE MAR DE OPRESIÓN".

2 comentários:

  1. Gostei bastante de sua incursão ao tema, mesmo eu não tendo repertório suficiente para analisar seu breve texto, Victor Vasconcellos. A abordagem me remete às discussões semelhantes que participei e presenciei no País Vasco / UPV/EHU, ainda que lá, creio, a questão se explicite ainda mais, por não ser, o euskera, língua latina (como analogia, talvez possamos imaginar o "colorismo" no Brasil...).
    Textos como o seu poderiam inspirar a discussão sobre as línguas indígenas brasileiras. Aliás, essa discussão talvez exista no âmbito acadêmico; mas, bom seria que ela fosse acessível a todos. Pode ser, até, que isso já ocorra na Galícia, no âmbito acadêmico, sem chegar (ou sensibilizar), de fato, à população como um todo.

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Obrigado pelo comentário, professor! Claro que deveríamos falar sobre nossas línguas nativas e nossas culturas regionais. Esse é um ponto importante para não continuarmos a perder nossa essência brasileira.

      Excluir